66 lines
3.1 KiB
Plaintext
66 lines
3.1 KiB
Plaintext
O WINMERGE
|
|
|
|
O WinMerge é unha ferramenta Open Source de comparación e mestura para Windows.
|
|
O WinMerge pode comparar tanto arquivos como cartafoles, presentando as diferenzas
|
|
nun formato de texto visual que é moi sinxelo de entender e manexar. O WinMerge
|
|
pode empregarse como unha ferramenta externa de diferenciación/mestura ou como
|
|
unha aplicación independente.
|
|
|
|
O WinMerge ten varias funcionalidades de grande utilidade para facer comparacións,
|
|
, sincronizar e mesturar do xeito máis doado e pragmático posible. Mesmo resalta o
|
|
texto segundo a sintaxe para diversos linguaxes de programación e outros formatos de
|
|
arquivo.
|
|
|
|
A información e a última versión do WinMerge está dispoñible en http://winmerge.org/.
|
|
|
|
Comezo rápido
|
|
===========
|
|
Para aprender como levar a cabo as operacións básicas logo de instalar o WinMerge,
|
|
preme en Axuda>Axuda do WinMerge e vai ao tema Quick start. Ou, podes visitar a
|
|
versión Web en http://manual.winmerge.org/QuickStart.html.
|
|
|
|
Axuda do WinMerge
|
|
===============
|
|
A axuda do WinMerge instalase localmente como un arquivo de axuda Microsoft HTML,
|
|
WinMerge.chm, cando instalas o WinMerge. Para abrila, preme en Axuda>Axuda do
|
|
WinMerge ou preme F1 na fiestra do WinMerge. Se empregas a liña de comandos,
|
|
executa o WinMerge coa opción de axuda /?.
|
|
|
|
Tamén podes explorar a versión HTML da axuda do WinMerge en
|
|
http://manual.winmerge.org/.
|
|
|
|
Soporte de Arquivo
|
|
==============
|
|
O WinMerge emprega a ferramenta de arquivos Open Source 7-Zip (http://www.7-zip.org)
|
|
para ofrecer soporte de arquivo. Recomendamos instalar o 7-Zip descargando e
|
|
executando o instalador da extensión do 7-Zip en http://winmerge.org/downloads/.
|
|
|
|
Se non podes instalar o 7-Zip por algún motivo, podes empregar o instalador da extensión
|
|
do 7-zip para instalar só os ficheiros requiridos para ter soporte de arquivo de ficheiros.
|
|
Bótalle un ollo ao tema "7-Zip and archive support" da axuda para obter pormenores sobre
|
|
o mesmo.
|
|
|
|
Soporte WinMerge
|
|
==============
|
|
Preguntas ou suxestións verbo do WinMerge? Un bo lugar para comezar é o taboleiro
|
|
de mensaxes da comunidade do WinMerge en http://forums.winmerge.org/. Os
|
|
desenvolvedores len e responden de xeito frecuente ás cuestións presentadas en ámbolos
|
|
dous foros. Emprega o foro de Discusión Aberta para cuestións xerais do WinMerge,
|
|
como os temas relacionados co seu uso. Emprega o foro de Desenvolvedores para as
|
|
cuestións relativas ao desenrolo do WinMerge.
|
|
|
|
Erros e peticións de funcionalidades
|
|
==========================
|
|
Se unha cuestión non se resolve nos foros do WinMerge, comproba os rastrexadores do
|
|
proxecto: vai a http://project.winmerge.org/, e preme no menú dos Rastrexadores, como
|
|
Erros e Peticións de Funcionalidades, onde poderás explorar ou enviar os elementos que
|
|
che interesen.
|
|
|
|
Se envía unha notificación de erro, por favor, inclúe a versión do WinMerge na mesma.
|
|
Podes xerar un rexistro da configuración premendo en Axuda>Configuración.
|
|
Por favor, adxunta o rexistro da configuración xerado á notificación de erro, pois ten unha
|
|
morea de información moi útil para os desenvolvedores.
|
|
|
|
|
|
- The WinMerge Developers
|